21 de decembro de 2020.-A Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña, salvando o contexto pandémico, inaugura no Espazo Normal da UDC a exposición Galiza Mártir. Da queda republicana ao exilio. A mostra, que permanecerá no Espazo Normal até finais de febreiro de 2021, componse de doce paneis, a través dos cales se presenta sinteticamente a realidade de Galiza e da Coruña no tempo republicano (poñendo en destaque o proceso en favor do Estatuto de Autonomía) e como se viviu e que representou o golpe militar de xullo de 1936. Dando conta da resistencia democrática fronte ao golpe militar e a instauración da ditadura militar, capitaneada por Francisco Franco, así como a construción do exilio.
A exposición está acompañada do filme documental A Fazaña da Liberdade, de Fílmika Galaika, centrada na figura do dirixinte galeguista Alexandre Bóveda, asasinado polo seu compromiso político o 17 de agosto de 1936 e arredor do que, desde o exilio, se instaurou o “Día dos Mártires Galegos”, logo denominado “Día da Galiza Mártir”.
//
A mostra estará no Espazo Normal até finais de febreiro de 2021.