21 de maio de 2021.-O Concello de Poio solicitoulle a inicios do presente ano á Cátedra de Memoria Histórica a exposición “Galiza Mártir. Da queda republicana ao exilio”, para poder exhibila no Centro Cultural Xaime Illa Couto. A mostra estará disponíbel desde o 28 de maio no referido espazo cultural, contando cunha visita guiada o día da súa inauguración.