8 de agosto. Entre o 24 e o 27 de agosto, a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña desenvolverá un seminario sobre fontes para a recuperación da memoria histórica.
O seminario estará a cargo do historiador e documentalista Eliseo Fernández, autor de numerosas obras sobre a II República, a represión e ditadura franquista, así como sobre a Guerrilla antifranquista e a historia do anarquismo na Galiza.
O seminario, que conta co patrocinio do Concello da Coruña, celebrarase no Centro Universitario de Riazor (CUR), no que a Cátadre de Memoria Histórica ten a súa sede. As prazas fican limitadas a vinte persoas. Para inscribirse no devandito seminario, as persoas interesadas poden enviar un correo a: secretaria@catedramemoriahistorica-udc.gal.
