O 8 de xuño de 2021 a Universidade da Coruña e o Concello da Coruña daban unha rolda de prensa, na que anunciaban a apertura do Punto de Atención ás Vítimas do Franquismo e aos seus familiares (PAVF). Un proxecto no que desde a Cátedra de Memoria Histórica da UDC se levaba traballando desde 2019, co patrocinio do Concello da Coruña, a partir da elaboración dun protocolo co que pautar a atención a vítimas da ditadura franquista e aos seus/ás súas familiares.
No acto estiveron presentes Julio Abalde, Reitor da UDC; Jesús Celemín, Concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego do Concello da Coruña; Carlos Aymerich, Secretario Xeral da UDC; e Uxío-Breogán Diéguez, Director da Cátedra de Memoria Histórica.
O PAVF está ubicado na sede da Cátedra de Memoria Histórica da UDC, no propio Centro Universitario de Riazor (CUR), e fica atendido polo persoal da devandita Cátedra, equipa formada en materia histórica, xurídica, sociolóxica e criminolóxica (contando tamén con colaboración externa especializada en psicoloxía e medicina forense), enfocando o seu labor cara ás vítimas do franquismo e aos seus familiares.
Para contactar coa Cátedra de Memoria Histórica en relación ao Punto de Atención ás Vítimas do Franquismo e aos seus Familiares pódese enviar un correo electrónico (pavf@catedramemoriahistorica-udc.gal) ou cubrir o seguinte formulario: