Proxección do filme “Sempre en Galicia”

Desde a Cátedra de Memoria Histórica da UDC, organizamos a presentación e proxección na Coruña do documentario “Sempre en Galicia. Voz e pensamento galeguista na emigración”. Un filme de Xan Leira, director do proxecto Memoria Documental de Galicia, que aborda o histórico programa radiofónico emitido desde Montevideo (Uruguai), da man do Padroado da Cultura Galega …

Defensa da Tese de Doutoramento “A Memoria Histórica en Galiza (1976-2011)”.

O investigador da Cátedra de Memoria Histórica Carlos Díaz Diéguez, e profesor de ensino secundario, vén de defender na Facultade de Xeografía e Historia da UNED en Madrid a súa Tese de Doutoramento, intitulada “A Memoria Histórica en Galiza (1976-2011). Historia, asociacionismo e políticas públicas de memoria democrática”. A Tese estivo dirixida por Ángeles Egido …

Documentario “Castelao en Lugo”

NÓS TV vén de estrear a serie “Castelao en Lugo”, producida por esta canle televisiva coa colaboración da vicepresidencia da Deputación de Lugo. Para esta serie, NÓS TV entrevistou, entre outros investigadores e investigadoras especialistas na historia do nacionalismo galego, e particularmente sobre Daniel Rodríguez Castelao e o seu tempo, ao director da Cátedra de …

O libro “A Transición en Galiza”, da Cátedra de Memoria Histórica, presente nas Xornadas de Memoria Histórica de Celanova

O Comité de Memoria Histórica da comarca de Celanova desenvolve unhas xornadas, entre o 15 e o 29 de novembro, centradas no proceso de transición da ditadura franquista á democracia parlamentar. No marco destas xornadas os investigadores Adela Figueroa Panisse e Francisco X. Redondo Abal presentarán o libro colectivo “A Transición en Galiza” (Laiovento, 2023), …

Presentación do novo libro de Aurora Marco, investigadora da Cátedra de Memoria Histórica.

Aurora Marco é unha das autoras máis prolíficas do ámbito historiográfico galego. Investigadora permanente da Cátedra de Memoria Histórica da UDC, vén de publicar o seu novo libro, “María Vázquez. A mestra socialista que eliminou o franquismo”, na editorial Alvarellos. Comeza Marco unha ampla axenda de presentacións do libro por todo o país. A primeira …

Exposición e mesa redonda sobre X.R. Reboiras Noia (1950-1975)

O xoves 2 de outubro inaugurarase na Casa-Museo Casares Quiroga a exposición “Semente de Vencer”, dedicada a Xosé Ramón Reboiras Noia (19501-975), a cargo da comisaria da mostra, Vanesa Iglesias. A continuación Xesús Seixo Fernández, presentará os actos que promoven as Fundacións Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre, para lembrar a Reboiras Noia …

Celebración do Coloquio Anual » 2025

7 de febreiro de 2025 O pasado sábado, 1 de febreiro, desenvolveuse desde a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña o Coloquio Anual. A inauguración institucional correu a cargo de Ricardo Cao Abad, reitor da UDC, e de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, director da Cátedra. A seguir proxectouse o documentario “A Coruña Republicana”, producido …

Coloquio Anual »2025

20 de xaneiro, 2025 A Cátedra de Memoria Histórica celebrará o vindeiro 1 de febreiro o seu Coloquio Anual, que será inaugurado por Ricardo Cao Abad, reitor da Universidade da Coruña, e Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, director da Cátedra. No encontro proxectarase o documentario “A Coruña Republicana”, producido pola Cátedra de Memoria Histórica, co apoio do …

Memoria de actividades 2018-2023 e novo libro sobre a Transición

20 de decembro Desde a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña vénse de publicar a memoria de actividades, realizadas entre o ano 2028 e o 2023. Os cinco primeiros anos de vida da Cátedra, e nos que malia a pandemia seguiron a se desenvolver as actividades da mesma. A memoria recolle imaxes de …

Documentario “A Coruña republicana”

16 de decembro de 2024 Desde a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña finalizouse o traballo de produción do documentario “A Coruña Republicana”. Un audiovisual que arranca no limiar da proclamación da II República o 14 de abril de 1931 e que realiza, a modo de retrospectiva, unha viaxe desde o último terzo …