Dirección
Prof. Dr. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
(Madrid, 1978). Doutor en Historia pola Universitat de Barcelona. Mestrado Universitario en Historia Contemporánea pola USC; Mestrado Universitario en Didáctica das CC.SS pola UAB e Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade pola UDC.
Profesor da Universidade da Coruña (UDC), na que dirixe a Cátedra de Memoria Histórica, representando á UDC no Consello da Memoria Democrática do Concello da Coruña xunto á profesora Montserrat Golías. Promotor e organizador desde 1996 de palestras, xornadas e congresos sobre historia e memoria histórica. Cofundador e director desde 2003 de Murguía, Revista Galega de Historia.
Ler máis …
Como ponente ten participado, entre outros, no I Congreso da Memoria Democrática “A represión franquista en Galicia “ (Narón, 2003) e no II Congreso da Memoria Democrática “A II República e a Guerra Civil” (Culleredo, 2005), sendo coorganizador doutros congresos, como A Galiza de Bóveda (Pontevedra, 2003).
Autor de numerosas investigacións en materia de historia política, historia dos movementos sociais e de memoria histórica, sendo unhas das máis recentes “Trabajos forzados en el franquismo o la pena como negocio: El caso de “Ponte Mourulle” (1942-1945)” (Universidad de Castilla La Mancha, 2019), xunto á profesora Sara Carou García; e “The construction of Galicia through emigration: the configuration of a dual and transnational community” (Association of European Migration Institutions, 2021), xunto á profesora Montserrat Golías. Ten colaborado en revistas de pensamento, científicas e de cultura como A Trabe de Ouro, Grial ou Cahiers de civilisation espagnole contemporaine, sendo membro do comité científico doutras, caso da Revista Internacional Interdisciplinar INTERthesis (Florianópolis, Santa Catarina, Brasil).
Entre o 2006 e o 2009 foi membro do Consello da Memoria da Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, sendo no 2008 impulsor xunto a Xosé Estévez do manifesto Galeusca Historia, 75 anos despois, que deu lugar a seis congresos desenvolvidos en Catalunya, Euskadi e Galiza. Foi director do Centro de Estudos e Documentación Alexandre Bóveda da Cátedra Alexandre Bóveda da Universidade de Vigo ao longo da súa existencia (2007-2012). É autor de diversos libros, entre os cais destacan A Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto (Fundación Alexandre Bóveda, 2002); Álvaro de las Casas. Biografía, Obra e Epistolario (Galaxia, 2003); Alexandre Bóveda nos seus documentos (Difusora, 2011); ou Nacionalismo galego aquén e alén mar, 1936-1975 (Laiovento, 2015). Así mesmo, é coordinador e/ou coautor doutras obras, como Repensar Galicia: as Irmandades da Fala (Museo do Pobo Galego/Xunta de Galicia, 2016), As Irmandades da Fala (1916-13931): reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX (Laiovento, 2016) ou Nationalism on the Iberian Peninsua During the Early 20th Century (University of Nevada, 2021).
Ten asesorado e participado de varios documentais en materia de memoria histórica, caso de A Fazaña da Liberdade (Fílmika Galaika, 2013), comisariando numerosas exposicións, como Alexandre Bóveda. Da vida e o compromiso. 1903-1936 (2011), Nunca Máis, a rebelión dun pobo (2012), 70 anos do Consello de Galiza. O goberno galego no exilio (2015), Galiza Mártir. Da queda Republicana ao exilio (2020) ou A Transición na Galiza (2021).
Investigadoras/Investigadores
Investigadoras e Investigadores permanentes
Profa. Dra. Sara Carou García (investigadora permanente)
Doutora en Dereito, especializada en Dereito penal e penitenciario. Profesora da Universidad Internacional de La Rioja (UNIR), na que para alén de docente conta con diversas responsabilidades académicas. Autora de numerosos artigos científicos, libros e capítulos de libros, principalmente en materia de máxima seguridade penitenciaria, dereitos dos reclusos e reclusas e historia da prisión.
Ler máis…
Entre os capítulos de libro destacan traballos como “La Transición en el medio penitenciario: los orígenes de la Ley Orgánica General Penitenciaria”, “La negación de los crímenes cometidos por el franquismo.: Un análisis desde la perspectiva del derecho penal”, “Trabajos forzados en el franquismo o la pena como negocio.: El caso de “Ponte Mourulle” (1942-1945)”, xunto a Uxío-Breogán Diéguez Cequiel; entre os libros destaca o volume El yihadismo en prisión: el abordaje penitenciario del radicalismo islamista violento (Bosch, 2020).
Profa. Dra. Montserrat Golías Pérez (investigadora permanente)
Doutora en Socioloxía e Máster Universitario en Migracións Internacionais, especializada en políticas migratorias, investigación e mediación intercultural. Foi vicedecana da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e é profesora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación na devandita institución. Fai parte do Grupo de Innovación Docente “ConCienciaSocial” sobre sostenibilidade e responsabilidade Social, representando á UDC no Consello da Memoria Democrática do Concello da Coruña xunto ao profesor Uxío-Breogán Diéguez.
Ler máis …
Os seus ámbitos de investigación recollen as áreas Migracións Internacionais, Identidade, Cidadanía, Lei de Memoria Histórica e Pluralismo Relixioso.
O seu traballo analiza os fluxos migratorios como consecuencia da onda expansiva das migracións históricas. Céntrase no estudo da transmisión dun dobre legado no seno das familias migrantes de xeración en xeración.
Algunhas das súas publicacións, son: o artigo “The Grandchildren of Galicia: Lived and Imagined Citizenship” (2017), en DePalma, R. e Pérez-Caramés, A. (ed.) Beyond Global Cities: A case study of emerging superdiversity. Nueva York: Springer (81-92); o libro Los Herederos de la Ciudadanía, publicado por Icaria en 2016, a coordinación da obra (2014) Mareas de Pluralismo. Minorías religiosas en Galicia (2014), Barcelona: Icaria, dirixida por Antonio Izquierdo e da que tamén é autora e coautora de varios capítulos.
Prof. Dr. Bernardo Máiz Vázquez (Investigador permanente)
(Ferrol, 1950) Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1973 e Doutor en Historia Contemporánea (Zaragoza, 1984) coa tese titulada “1936-1964. A esquerda militante en Galicia”. Membro fundador do colectivo “Memoria Histórica Democrática”. Prolífico investigador, para alén de docente de Historia, Bernardo Máiz é mestre de varias xerazóns de historiadores e historiadoras. Pioneiro na investigación sobre os movimentos sociais e a represión franquista no noso país.
Ler máis…
Destaca no marco da súa produción a Tese de Doutoramento (1984) intitulada 1936-1964. A esquerda militante en Galiza, así como a obra Galicia na IIª República e baixo o franquismo (Edicións Xerais, 1988), respectivamente. Afondando monograficamente nesta última cuestión e a resistencia civil e armada ao franquismo cómpre destacar obras como a paradigmática Resistencia, guerrilla e represión. Causas e Consellos de Guerra. Ferrol, 1936-1955, editada por Edicións A Nosa Terra no 2004.
Profa. Dra. Aurora Marco (Investigadora permanente)
Doutora en Filosofia e Letras pola USC (1978), catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega na Facultade de CC da Educación da USC, na que foi profesora de 1970 a 2014. Nas liñas do seu perfil investigador salienta a recuperación de historias de vida de mulleres galegas, nomeadamente das represaliadas. Da produción relacionada coa Memoria Histórica é autora dos libros: Foula e ronsel. Os anos xuvenís de Carvalho Calero (1992, 2020), cun capítulo centrado na represión que sufriu o ferrolán; Ramiro Paz Carbajal (1891-1936). Unha vida segada pola barbarie (2003) ou Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2012).
Ler máis…
Editora, tradutora e autora da introdución de Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana (2012); Irmandiñas (2020), con traxectorias biográficas de represaliadas.
Outros traballos seus sobre a mesma temática, case na súa totalidade sobre mulleres, figuran en libros colectivos, actas de congresos, revistas e opúsculos: A memoria esquecida: peladas, presas, paseadas (2006); O Miño, unha corrente de memoria (2008); A Galiza de Boveda (2009), sobre Ramiro Paz e outros pontevedreses; Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega (2014); Bolcheviques (1917-2017) (2016); Repensar Galicia. As Irmandades da Fala (2017); A presenza do ausente (2017), sobre o pintor Maside; Represión franquista e memoria histórica alén e aquén mar. Pasado e presente (2018); revistas Alameda (2000) e Murguía (2019); opúsculo, Militantes da solidariedade (2020).
Membro do Consello da Memoria da Consellaría de Cultura, Xunta de Galicia (2006-2009), coordinou as Xornadas “Mulleres con memoria. Exilios femininos” (2008), organizado pola Consellaría de Cultura; dirixiu o curso de verán da USC “Antón Avilés de Taramancos e a memoria histórica” (2008). Desde 2006 participou en numerosos congresos e xornadas sobre o tema e pronunciou conferencias en concellos, fundacións, asociacións culturais, de Memoria Histórica, feministas e estudantís.
Guionista e produtora dos documentarios dirixidos por Pablo Ces: As silenciadas (2011), Premio Mestre Mateo 2012, entre outros; Miracielo. Vida e morte de Manuel Ponte Pedreira (2011) e Concha Castroviejo. Arelas de liberdade, Premio Xohana Torres 2018.
Carmela Sánchez Arines (Investigadora permanente)
Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (USC, 2000), coa especialización en Arte Sacra (Universidade Pontificia de Salamanca) e a orientación en Patrimonio Histórico (USC, 2005). Traballou no Museo Provincial de Pontevedra, no MARCO de Vigo, no CITA de Pontevedra e en Etnoga, empresa dedicada á xestión do patrimonio cultural que fundou en 2005. Tamén foi técnica de Patrimonio no Concello de Zas.
Ler máis…
Trala obtención do Diploma de Estudos Avanzados (USC, 2009) centrado na arquitectura civil dos séculos XIX e XX nas comarcas pontevedresas do Deza e Tabeirós, comezaron as súas investigacións doutorais centradas na produción do ferro das antigas fundicións galegas. Un traballo no que ademais de estudar o seu reflexo na arte afonda no labor das mulleres e no papel que tiveron durante a guerra e o franquismo.
A loita pola igualdade de dereitos e a memoria histórica tentan estar sempre presentes nos seus traballos académicos e profesionais, centrando as súas liñas de investigación no patrimonio industrial e no funerario. Estudos coma o do traballo en feminino para o Concello da Coruña; o proxecto “Camiños de Carpideiras” sobre cemiterios BIC no estado, financiado polo Ministerio de Cultura; a posta en valor de camposantos como o de Boisaca en Compostela e San Amaro de Pontevedra; ou o labor desenvolvido no programa “A Memoria das Mulleres” do Concello de Pontevedra son boa mostra diso.
Prudencio Viveiro Mogo (Investigador permanente)
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC, 1997). Diploma de Estudos Avanzados no programa “Estudos Contemporáneos” (USC, 1999). Grao de licenciatura coa tesiña Os comezos da Administración liberal na provincia de Lugo (USC, 2000).
Ler máis…
É autor dos seguintes libros: Política, eleccións e fidalgos: o réxime do Estatuto Real na provincia de Lugo, 1834-1836, Sada: Ediciós do Catro, 2004. O Estatuto galego durante a II República, Sada: Ediciós do Castro, 2007 e Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana, Santiago de Compostela: Edicións Laiovento, 2021. É tamén autor de artigos e capítulos de libros, sendo os máis recentes: “O fracaso da política: a difícil transición ao Estado liberal en España (1808-1836)”, en DIÉGUEZ CEQUIEL, Uxío Breogán (Ed.) e FERNÁNDEZ CERVIÑO, María Xosé (Ed.): Justo Beramendi, galego por elección, Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego, 2022, p. 235-254. “Manuel Murguía e as utilidades políticas da historia”, en Grial, nº 229, xaneiro-marzo de 2021, p. 65-69. “Tender puentes, acortar distancias: prensa y periodistas en la emigración gallega en Cuba y Argentina”, en RIHC: Revista Internacional de Historia de la Comunicación, nº 12, 2019, p. 107-133.
Foi membro e directivo da Asociación Galega de Historiadores/as. Membro do Instituto Galego de Historia e do consello editorial de Murguía: Revista Galega de Historia. E tamén é membro da Asociación de Historia Contemporánea.
.
Investigadoras/Investigadores en formación (en proceso de elaboración de Tese ou semellante)
Prof. Carlos Dias Diegues
Licenciado en Historia pola UNED, así como en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, obtendo o Diploma de Estudos Avanzados no campo da Filosofía Moral baixo a dirección da catedrática María Xosé Agra, cun traballo sobre as teorías de xustiza feministas, editado por Estaleiro (A revolução pendente. Feminismo e Democracia, 2008).
Ler máis…
Con formación posterior en Filoloxía Románica e Portuguesa, estudou a obra de Antonio Gramsci, sendo responsábel da tradución e estudo introdutorio da primeira edición galega das Cartas do Cárcere.
É profesor de historia no ensino secundario, centrando actualmente as súas preocupacións na investigación e innovación docente, e sobre todo na incorporación da perspectiva de xénero á Didáctica da Historia.
Entre o curso 2021/2022 e o 2022/2023 foi profesor asociado da Universidade da Coruña. Actualmente está a traballar na súa tese de doutoramento sobre o movemento memorialístico galego, sob a dirección dos profesores Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e María de los Ángeles Egido León.
Investigadoras/Investigadores asociadas/asociados
Prof. Dr. Roberto García Morís (Investigador asociado)
Roberto García Morís (Noreña, Asturias, 1982) é Doutor en Historia pola Universidade de Oviedo. Foi profesor nas Universidades de Extremadura, Granada e Córdoba e actualmente é Profesor Contratado Doutor na área de Didáctica das Ciencias Sociais da Universidade da Coruña.
Ler máis…
É autor de diversas publicacións no ámbito da Didáctica das Ciencias Sociais, e entre as súas liñas de investigación atópase o ensino aprendizaxe das Ciencias Sociais centradas en problemas sociais relevantes, na que se inclúe a memoria histórica e a súa relación co ensino da Historia. Dentro desta liña poderían citarse dúas publicacións, en coautoría con Uxío-Breogán Diéguez: Memoria Histórica e Ensino-Aprendizaxe das Ciencias Sociais. Investigacións, Propostas Didácticas e Linguaxe e El profesorado en formación ante los problemas del mundo contemporáneo: La Cuestión Siria.
Prof. Dr. Xosé Luís Pastoriza Rozas (Investigador asociado)
Licenciado en Filosofía e Máster en Desenvolvemento Local pola Universidade de Santiago de Compostela, da que é profesor na Facultade de Filosofía.
Ler máis…
MSc NGOs and Development pola London School of Economics & Political Science. Actualmente é profesor interino no Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC, traballo que compatibiliza co seu labor de consultoría no eido da cooperación para o desenvolvemento e a educación para a cidadanía global. Padroeiro da Fundación Isla Couto, coordina os labores de inventariado e catalogación dos fondos dos irmáns Xaime e Ramiro Isla Couto no Arquivo desta fundación. Arestora, está a rematar a súa tese de doutoramento sobre Xaime Isla Couto co título “Galeguismo, humanismo e desenvolvemento: o pensamento militante de Xaime Isla Couto”. Ao tempo, está a elaborar a biografía intelectual de Ramiro Isla Couto, pioneiro do nacionalismo alén mar. A súa área de investigación abrangue tanto o nacionalismo galego na II República como o galeguismo do interior e no exilio durante o franquismo. As súas publicacións máis destacadas no eido da memoria histórica son: “Repensar Galicia, proxectar Galicia, facer Galicia. Unha cronobiografía” en Xaime Isla Couto. Raíz e utopía de Galicia (Vigo, Fundación Isla Couto-Editorial Galaxia, 2015); Editor do libro Xaime Isla Couto. Raíz e utopía de Galicia (Vigo, Fundación Isla Couto-Editorial Galaxia, 2015); “Ramiro Isla Couto: pioneiro do nacionalismo alén mar”, en BERAMENDI, J., et al. (Eds)., Repensar Galicia. As Irmandades da Fala (Santiago de Compostela, Xunta de Galicia-Museo do Pobo Galego, 2017); “Presencia da Nación! O galeguismo xuvenil de Xaime Isla Couto” (Grial. Revista galega de cultura, 207, 2015); “A man invisible de Ramiro Isla Couto. As viaxes de Camilo José Cela a Colombia e Venezuela (1953-1955)” (Grial. Revista galega de cultura, 216, 2017); “Servicio de Edicións, Publicacións e Traducións (SEPT): o antecedente da Editorial Galaxia” (Grial. Revista galega de cultura, 2020).
Manuel Pazos Gómez (Investigador asociado)
Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e especialista universitario en Arquivística pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
Ler máis…
Investigador da historia e da memoria, publicou en diferentes medios varias obras e artigos que versan sobre diversos ámbitos da historia da comarca de Ordes.
Desde o ano 1996 é o responsábel da Asociación Cultural “Obradoiro da História”, unha das entidades pioneiras en recuperar a Memoria Histórica a nivel comarcal na Galiza.
Foi organizador e comisario de varias exposicións sobre a Segunda República, represión, Guerrilla antifranquista e Franquismo realizadas nas vilas de Ordes e Sigüeiro (Oroso). Participou en varias palestras, conferencias, seminarios… sobre a recuperación da Memoria Histórica na comarca de Ordes. Colabora con varias entidades da Memoria Histórica e ten asesorado a diversas institucións, realizando titorías de estudantes en prácticas externas da Facultade de Xeografía e Historia da USC.
Outros proxectos culturais nos que estivo inmerso foron o Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso, a creación dunha Colección de Arte Contemporánea e a montaxe dun Museo de Historia coas seccións de Arqueoloxía, Etnografía e Fotografía.
Nos últimos anos traballa sobre unha forma de represión característica da comarca de Ordes: as desterradas e desterrados a Castela nos anos da guerrilla antifranquista.
Manuel Pazos é autor, entre outras, dos libros Os camiños antigos do Concello de Oroso. Guía do Antigo Camiño Real ou “Inglés” (1996); A resistencia antifranquista na comarca de Ordes. Manuel Ponte Pedreira (1997); Achegamento á Segunda República en Ordes. Documentos (2001); A Guerra Silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952 (2011); A República da Berxa. Antonio Gómez Carneiro e o seu tempo 1899-1979 (2014); colaborando en obras colectivs como Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron (2017) e Moncho Valcarce, un dos inesquecibles (2019).
Profa. Dra. Yamilé Pérez Guilarte (Investigadora asociada)
Doutora Internacional en Dirección e Planificación do Turismo polas Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo (2014).
Ler máis…
É profesora de Didáctica das Ciencias Sociais na Universidade da Coruña e investigadora asociada do Grupo de Análise Territorial (ANTE) da Universidade de Santiago de Compostela. Entre as súas liñas de investigación atópanse: a didáctica da xeografía, a didáctica do patrimonio, a xeografía do turismo, a xeografía cultural, a xestión patrimonial sostible, e a planificación e análise territorial.
Ten publicado máis de 10 artigos en revistas indexadas nas bases JCR, ESCOPUS, Emerging Sources Citation Index ( ESCI) e Latindex; así como máis de 15 capítulos de libros, algúns deles en editoriais de alto prestixio en ciencias sociais, tales como: Springer, Peter Lang, Thomsom Reuters Aranzadi ou Síntese. Ten presentado os resultados da súa investigación en diversos congresos internacionais celebrados en Portugal, España, Ecuador, Cuba, Italia, Rusia, Brasil e Grecia. Tamén, participou como membro do equipo de diversos proxectos competitivos de investigación, tanto autonómicos, como nacionais e europeos. Entre os proxectos europeos destacan: “Spatial Indicators for a Europe 2020 Strategy Territorial Analysis (SIESTA)” do programa ESPON, o proxecto Erasmus+ “Urban Dynamics: Global perspectives for a Socio-Cultural Urban Management (URBDYN)”, e o INTERREG “Patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: Valoración e Innovación (GEOARPAD)”.
Coa súa incorporación á Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña pretende ampliar a súa investigación ao uso da cartografía como ferramenta para visibilizar o patrimonio material ou inmaterial de Galicia asociado á memoria histórica.
Persoal de apoio investigador e loxístico
Miguel García-Fernández. Licenciado en Historia (2011), con dupla especialidade, e Premio Extraordinario de Licenciatura, pola Universidad de Santiago de Compostela, onde, así mesmo, cursou un Mestrado en Estudios Medievales Europeos, tamén con Premio extraordinario (2012).
Ler máis …
Tras ser bolseiro e contratado predoutoral na Universidade de Santiago de Compostela, así como bolseiro do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e Técnico Superior de Apoio á Investigación no Instituto da Lingua Galega, incorporouse como Titulado superior de actividades técnicas e profesionais ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento do CSIC no 2020, onde traballa actualmente. Colaborador do Instituto de Estudos Medievais (da Universidade Nova de Lisboa), colaborador externo do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela) e secretario editorial de Murguía. Revista Galega de Historia.
A súa principal liña de investigación céntrase na historia social das mulleres e na recuperación do protagonismo histórico feminino, especialmente no que concirne á historia de Galicia, ampliando os seus intereses ao estudo, edición e divulgación do patrimonio documental galego.
Ten participado en diversos proxectos de investigación, sendo membro, actualmente, dos seguintes: “Espacios femeninos cortesanos: ámbitos curiales, relaciones territoriales y prácticas políticas (dirixido por Diana Pelaz Flores, USC), “HERES. Patrimonio textual ibérico y novohispano. Recuperación y memoria (dirixido por Ricardo Pichel, UAH), “Voces, espacios y representaciones femeninas en la lírica gallego-portuguesa (dirixido por Esther Corral Díaz, USC) e “Patrimonio textual na Galicia medieval. Prosa documental e literaria” (dirixido por Eduardo Moscoso, USC).
É coordinador do proxecto “Corpus testamentario de Galicia” (CORTESGAL) e codirector do “Corpus rexio e rexinal da Galicia medieval” (CORREGAM), xunto a Diana Pelaz e Ricardo Pichel.
Entre as súas publicacións máis recentes destacan: “Mulleres peregrinas e mulleres nos camiños de peregrinación na literatura odepórica xacobea medieval” (2022), “Beyond the Wall: Power, Parties, and Sex in Late Medieval Galician Nunneries” (2022) ou “Mulleres nobres entre o reino de Galiza e a corte rexia en tempos de Afonso X: conexións familiares e vínculos culturais” (2021).