4 de outubro.-Desde a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña realízase un moi balance positivo das intervencións e participación de público que presentou o III Congreso As outras protagonistas da Transición.
Entre o 31 de setembro e o 1 de outubro desenvolvéronse catorce ponencias a partir de seis mesas, intituladas “A Transición e os partidos políticos na Galiza”; “Movementos sociais na Galiza do tardofranquismo e da Transición fronte ao franquismo; “Asociacionismo cultural, Feminismo e Ecoloxismo”; “Sindicalismo agrario e obreiro na Galiza da Transición”; “Lingua, creación literaria e música na Galiza da Transición”; “O mundo editorial e a prensa na Galiza da Transición” e “O Tribunal de Orde Pública (TOP), o conflito carcelario e as medidas penitenciarias de excepción na Transición”.
Xunto ás ponencias, presentáronse outras doce intervencións da man de investigadores e investigadoras de diversos territorios. Se ben a maior parte das intervencións se realizaron in situ, houbo unha que se realizou desde EE.UU. e outra desde Inglaterra, así como outra desde Madrid.
O nivel de participación e o ambiente de debate, no marco dos coloquios entre ponencias e comunicacións, foi moi enriquecedor. O Congreso estivo patrocinado polo Concello da Coruña, no marco dun convenio entre a institución municipal e a Universidade da Coruña. As ponencias e comunicacións darán lugar a dous libros, dos que daremos conta desde a Cátedra de Memoria Histórica.