Unha das formas de divulgar o resultado das liñas de investigación da Cátedra de Memoria Histórica da Coruña é a través da realización de exposicións. No 2020 realizouse a mostra “Galiza Mártir. Da queda republicana ao exilio” e no 2021 desenvolveuse a exposición “A Galiza da Transición”, coa axuda do Concello da Coruña. En ambos casos estas exposición tiveron unha importante acollida, malia inaugurarse aínda en pandemia.

Todas as exposicións da Cátedra de Memoria Histórica teñen vontade de itinerar por diversas localidades, a solicitude preferentemente de institucións locais públicas e teñen varios os concellos nos que se exhibiron estas mostras.