A Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña centra os seus esforzos en catro eixos, que vertebran as distintas liñas de pesquisa e actuación da súa equipa de traballo: investigación, reflexión, debate e divulgación. Estes eixos están presenten transversalmente nas liñas complementares de traballo sobre as que aprofundan nas súas pesquisas as e os integrantes da equipa de investigadores e investigadoras da Cátedra de Memoria Histórica. Liñas entre as que destacan a historia do republicanismo, os movementos sociais e a vertebración política de Galiza ao longo do século XX, a historia e a memoria sociopolítica das mulleres, a represión franquista, a guerrilla antifranquista, o exilio e o proceso de Transición da ditadura franquista á democracia (e o debate entre “Transición” e “Ruptura democrática”).

Seminario de presentación da Cátedra de Memoria Histórica (Universidade da Coruña, 2018)