12 de decembro. Desde a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña organizamos, co patrocinio do Concello da Coruña e coa colaboración da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a presentación do libro autobiográfico Caminos de Resistencia da autoría do guerrilleiro anti-franquista Francisco Martínez López, “Quico”, desenvolvéndose un seminario sobre a Guerrilla antifranquista en Galiza.

Nesta actividade estará presente o autor do libro Caminos de Resistencia, Francisco Martínez, “Quico”, así como Andreu García, prologuista da obra e director de El Otro País.

O acto celebrarase o venres 16 de decembro ás 19h no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Olmos nº16 – 1º, A Coruña).