Desde a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña, co patrocinio do Concello da Coruña, realizaremos unha dupla presentación do libro Sobrevivir a la derrota. Historia del sindicalismo en España (1975- 2004), do historiador Gonzalo Wilhelmi e editado polo selo editorial Akal.

Realizarase en horario de mañá unha presentación do libro, coa presenza do autor, seguida dun coloquio coa presenza de Roxelio Pérez Poza, pola Fundación Luís Tilve; Suso Seixo Fernández, pola Fundación Moncho Reboiras; e Xan María Castro Paz, polo Fundación 10 de Marzo. E en horario de tarde, procederase a presentar o libro na sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda con Wilhelmi.