22 de outubro de 2023

O vindeiro 26 de outubro presentarase na capital galega, da man da Asociación Cultural O Galo, o libro editado pola Cátedra de Memoria Histórica o libro A Transición en Galiza. No acto intervirá Prudencio Viveiro Mogo, en representación da editorial que deu ao prelo unha segunda edición desta obra, de venda ao público (logo dunha primeira edición de difusión gratuíta que foi sufragada polo Concello da Coruña), e o director da Cátedra de Memoria Histórica, o historiador e profesor Uxío-Breogán Diéguez.

O acto desenvolverase na libraría Couceiro de Compostela, na que logo da presentación abrirase unha posta en común para reflexionar sobre a significación e consecuencias do proceso de Transición da ditadura franquista á monarquía parlamentaria e a implantación do Estado das Autonomías.