12 de novembro de 2023

O vindeiro 15 de novembro, presentarase en Lugo o libro A Transición en Galiza, editado pola Cátedra de Memoria Histórica. O acto organízao o Centro Social “Mádia Leva”.

No acto participarán Adela Figueroa Panisse, cofundadora e noutrora Secretaria Xeral da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e coautora do libro, e Uxío-Breogán Diéguez, director da Cátedra de Memoria Histórica, así como coordinador e coautor do volume.

No acto reflexionarase sobre o significado e consecuencias do proceso de transición da ditadura franquista á monarquía parlamentaria e o deseño do Estado das Autonomías.