12 de setembro de 2022.-Desde a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña deuse por pechado o programa do III Congreso As outras protagonistas da Transición.

O encontro desenvolverase a partir de seis mesas, intituladas “A Transición e os partidos políticos na Galiza”; “Movementos sociais na Galiza do tardofranquismo e da Transición fronte ao franquismo; “Asociacionismo cultural, Feminismo e Ecoloxismo”; “Sindicalismo agrario e obreiro na Galiza da Transición”; “Lingua, creación literaria e música na Galiza da Transición”; “O mundo editorial e a prensa na Galiza da Transición” e “O Tribunal de Orde Pública (TOP), o conflito carcelario e as medidas penitenciarias de excepción na Transición”, das que participarán catorce ponentes.

Xunto ás ponencias, presentaranse vinte comunicacións da autoría de investigadores e investigadoras de varios puntos do Estado español, así como de Universidades de fóra de Europa. 

O programa pódese descargar a continuación en arquivo PDF.