21 de xullo de 2024
A Cátedra de Memoria Histórica da UDC vén de realizar un novo encontro da súa equipa de traballo, a modo de peche do curso 2023/2024.
O encontro foi inaugurado polo documentalista e historiador Eliseo Fernández, autor, entre outras obras, dos libros “Obreirismo ferrolán” (ANT, 2005) ou “O movemento libertario en Galiza”, esta última xunto a Dionísio Pereira (ANT, 2006). Fernández desenvolveu unha palestra centrada nos arquivos galegos a través dos que reconstruír a represión franquista na Galiza.
