26 de febreiro de 2023
O 24 de febreiro vén de se inaugurar en Ferrol o “Monumento Memorial ás Vítimas do franquismo” , promovido desde a Comisión Pro-Memorial ás Vítimas do franquismo das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e o Eume e o Concello de Ferrol. O monumento é autoría do escultor Manuel Patinha e foi instalado no Parque do Gaiteiro Antón Varela, no ferrolán barrio de Canido, no que se desenvolveu o acto de inauguración.
O devandito acto comezou ás 12h, recibindo o alcalde de Ferrol e os membros da Corporación Municipal, xunto aos representantes da Comisión Pro Memorial e da Asociación Memoria Histórica Democrática, aos alcaldes das Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, aos familiares dos homenaxeados e aos invitados e invitadas ao acto. Logo de varias e moi emotivas intervencións, como a realizada polos historiadores Bernardo Máiz e Xosé Manuel Suárez, contextualizando historicamente a represión desatada diante do golpe militar de xullo de 1936 así como durante a ditadura franquistao.
A inauguración do Monumento Memorial ás Vítimas do franquismo instalado en Ferrol pechouse cunha sentida ofrenda floral e a interpretación do himno galego. Ao acto asistíu o director da Cátedra de Memoria Histórica, así como varios integrantes da equipa de investigación da mesma.
Monumento Memorial
O monumento, autoría do creador Manuel Patinha, como se indicou, conta con 904 nomes de homes e mulleres que foron asasinados e asinadas polo fascismo nas bisbarras de Ferrolterra, Ortegal e o Eume entre 1936 e 1975.