30 de setembro de 2023

O vindeiro 4 de outubro presentarase na Coruña o libro A Transición en Galiza. O acto está promovido pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB) e a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña, editora do libro.

A presentación celebrarase na sede da ACAB, na céntrica rúa de Santo André nº36 1º, no edificio do Circo de Artesáns. Participarán no acto Prudencio Viveiro Mogo, en representación da editorial Laiovento, o profesor de Historia no ensino secundario Xan Fraga, coautor da obra, e Uxío-Breogán Diéguez, coordinador e coautor do volume, así como director da Cátedra de Memoria Histórica.

O volume foi editado grazas ao apoio do Concello de Coruña, dándose lugar a unha primeira edición non venal, e nos últimos meses procedeuse a editar desde o selo Laiovento unha segunda edición de venda nas librarías, que está a ter moi boa acollida entre o público lector.